asinaron
a campaña
Comercio xusto
É un movemento que propón unha alternativa ao libremercado, ofrecendo un espazo de diálogo entre as familias produtoras e quen consumimos eses produtos.
Sabías qué...?
Tras o petróleo, o café é a materia prima que move máis volume de negocio no
mundo. Máis do 60% dos beneficios xerados van parar a cinco multinacionais,
Kraft, Suchard, Nestlé, Procter & Gamble, Sara Lee e Tchibo; mentres, os
pequenos produtores de café a quen estas empresas mercan a materia prima,
viven entre a fame e a pobreza extremas.
Porque o prezo do café non o marcan os custos
de produción, senón que é ditado polas Bolsas de
Nova York e Londres, cuxo funcionamento favorece
o enriquecemento dos grandes investidores.
Por cada cunca de café que bebes, só o 2% se
destina ao produtor. Apenas o teu primeiro sorbo...
Pódese facer algo?
Esta web forma parte dunha campaña de sensibilización e acción sobre o café de Comercio Xusto que SETEM ten estado promovendo durante o ano 2008 e parte do 2009 en diferentes universidades do Estado español. 832 persoas teñen participado activamente da ciberacción proposta. Mantense activo o recurso da calculadora do reparto de beneficios do mundo do café, pola validez do seu contido didáctico. E seguimos poñend a disposición de tod@s o recurso do filme "Oro Negro" para que organicedes videofórums e actos relacionados co Comercio Xusto, solicítádea aquí.
Black Gold Documental