El buen café
Fotógrafo: David Quintas

O programa O Bo Café, de promoción do Comercio Xusto e apoio aos pequenos produtores, nace no ano 1998 no marco da ONG de solidariedade internacional Setem-Catalunya. Actualmente tamén participan nel Setem País Valencià, Setem Hego Haizea, Setem Madrid, Setem Nafarroa e Amarante Setem.

As liñas de traballo do programa O Bo Café son:

  • Sensibilizar á cidadanía en relación ás inxustizas do comercio
    internacional e sobre as propostas do Comercio xusto.
  • Promocionar o consumo de café de Comercio Xusto en
    institucións públicas, universidades e empresas mediante o programa
    de acreditación de máquinas de vending con café de Comercio Xusto.
  • Implicar as empresas torradoras na práctica do Comercio Xusto.
  • Apoiar os grupos caficultores.

O noso ámbito de actuación é o Estado español e as áreas xeográficas nas cales desenvolvemos o 'Programa de Fortalecemento de capacidades de pequenos produtores/as de Café de Comercio Xusto en Mesoamérica'.

Toda a información en www.bocafe.org