Setem

Se cres que temos que “axudar” aos pobres, non somos a túa ONG. 

Se cres que enviando alimentos e facendo pozos lles arranxamos a vida, non somos a túa ONG.  

Se cres que o que necesitan é o noso diñeiro para ter unha vida digna, non somos a túa ONG.

Somos unha ONG independente e participativa que, xunto coas organizacións do Sur, sensibilizamos a nosa sociedade sobre as desigualdades Norte-Sur; denunciamos as súas causas e promovemos transformacións persoais e colectivas para conseguir un mundo máis xusto e solidario. 

Se cres que podemos cambiar as regras do xogo para que teñan a oportunidade de desenvolver a súa propia existencia do xeito que queiran, daquela si que somos a túa ONG.   

Porque cremos que os pobres non o son por incapacidade senón por inxustiza, porque cremos que no lles temos que ensinar porque xa saben pescar, porque cremos que non precisan axuda senón tan só que non lles roubemos... 

Por isto a nosa tarefa é:

  • Sensibilizar a sociedade
  • Presionar os gobernos e as empresas
  • Traballar coas ONG do Sur

Máis información en: www.setem.org